Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

miércoles, mayo 17, 2006

O día dos Días


Asemella que tódalas institucións se puxeron de acordo para poñer tódolos eventos o Día das Letras Galegas. Este ano o día do noso idioma está dedicado a Manuel Lugrís, activista galeguista e agrarista, participou na fundación da Real Academia Galega en 1906 e foi o seu presidente pouco máis dun ano dende abril de 1934. Morreu no ano 40 recen rematada a guerra civil, na época na que se comezaba a persegui-lo galeguismo. Por certo, pedazo artigo na web do Instituto!


Neste día tamén se celebra o día de Internet, na páxina web da “celebración” se pode ler a declaración coa que vos podedes subscribir a esta iniciativa, a verdade é que non creo que mereza a pena nin lela, pero eso é cousa vosa.


Por último, e dende logo non menos importante que o día de internet, este é o día no que a UEFA dixo que se celebraría a final da Champions League, polo tanto hoxe estaremos todos atentos para ver como gaña o Barça frente ao Arsenal. Ás 20:45 h medio país estará diante do televisor vendo a gran final de tódolos anos, pero esta vez co mellor equipo nela, xa había tempo que esto non sucedía... O ano pasado chegaron Liverpool e Milán, cando a final se consideraba Barça – Chelsea e o anterior foi Porto – Mónaco, equipos que cando comezou a competición ninguén apostaba por eles. Este ano é unha final de campións!

Ligazóns

Os Barça Toons chegan a París

Himno do Barça

Himno da Champions League

Queen - We are the Champions
(abrir con IExplorer ou coa Extensión IE Tab)