Google merca Youtube
Hoxe decidín volver co blogue. Xa era hora, despois dun longo parón de verán, e máis, estiben esperando a atopala nova que merecera a pena poñer como para seguir. Dito e feito.
Hoxe tamén é un día importante en Google, hoxe crece máis. Acaba de sacar unha nota de prensa na que se di que merca Youtube por a exorbitada cifra de 1.650 millóns de dólares, nunha operación de intercambio de accións. Grazas ao tipo de transacción, non é de compra, senón un intercambio de accións, Youtube seguirá a ser independente de Google, tal e como podemos ler no comunicado, co cal seguirá a te-la súa propia marca, comunidade, traballadores, etc.
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home