Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

miércoles, abril 12, 2006

Festival de Ortigueira '06


Todos temos nos nosos calendarios marcadas unhas datas, do 6 ao 9 de Xullo todos estaremos no extremo nor-occidental de Galiza, o cavo Ortegal. Aínda falta moito para irmos, pero xa se poden ir vendo algunhas novas.

Por exemplo o cartaz, que xa se pode ver, aínda que polo momento nun tamaño bastante reducido... Ou o concerto especial do venres, o de Estrella Galicia, o cal estará organizado e presentado por Javier Limón. Este home lle dará ó concerto un toque de mestizaxe de ritmos a cabalo entre o estilo puro de ortigueira e outros sons como o flamenco, o jazz ou a música brasileira. O concerto, que durará máis de catro horas terá como nome “Galicia e outras músicas”. Os artistas principais serán Xosé Manuel Budiño, que esperemos que o faga mellor que o ano pasado, que foi bastante coñazo..., Leilía, que en directo sempre están ben, e Uxía, que lle dará un toque diferente.
Tamén estará, como non, a Escola de Gaitas de Ortigueira, e para engadir un punto exótico o Hip Hop Roots.

Os músicos ligados a Javier Limón que participarán no macroconcerto serán Jerry González, José Reinoso, La Negra, Buika ou o flamenco Niño Josele facendo de este experimento algo moi especial. Cando remate de baixar discos destes últimos, aos anteriores máis ou menos os coñecemos, direi que me pareceron, pero normalmente destes experimentos de fusión, e aínda máis en directo, saen cousas moi interesantes. Toda esta música, ademáis, estará acompañada pola escenografía da Nova Galega de Danza, co seu novo espectáculo, "Engado".

O resto dos concertos están aínda por confirmar. Estiven buscando por foros e páxinas web novas sobre este ano e aínda non se sabe nada, supoño que de aquí a un mes, xa haberá algo, aínda que non o poñan na páxina oficial.

O que aínda non está pechado é o programa do Escenario Runas, de novos talentos, se alguén está interesado ten ate o 24 deste mes para manda-la solicitude, xa sabedes!

2 Comentarios:

Anonymous Anónimo dijo...

Contado así parece que ides a Ortigueira a escoitar música :-)

1:55 p. m.

 
Blogger Emilio dijo...

Hai que disimular... gegege

12:30 a. m.

 

Publicar un comentario

<< Home