Lord Best terceiros na Copa!

Despois dunha ardua final de consolación Lord Best se impón por un avultado resultado a Infernales nunha calorosa mañá de maio!!!!
Qué bonito sería, se fose certo..., a verdade é que quedamos de terceiros, pero é unha victoria algo amarga porque os Infernales non se presentaron esta mañá. Así que se pode dicir que non nos deron opción a disputa-lo terceiro posto, adxudicándono-lo premio de consolación a nos directamente.
Hai que lle da-las gracia a Xoel e Biez que nos fixeron chegar ate ahí arriba, sen eles non chegariamos tan lonxe na Copa da Casa da Xuventude (esperemos que actualicen en pouco). Moitas grazas!!!
Non hai mal que por ben non veña, como se soe dicir, e agora temos que mirar como formámo-lo equipo para o vindeiro ano e a merca-lo equipamento!
Parabéns Lord Best!!!
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home