A ver se desta vai!
Xa ía tempo dende a última entrada, a verdade é que non tiña pensado escribir máis. Pero despois de que varias persoas me dixeran que tiña que volver a escribir non me podo negar.
Aínda que as veces amarga bastante intentarei non desanimarme desta vez. Por outra banda non estaría mal que os que teñan algunha idea ou queiran facer unha colaboración semanal sobre algún tema particular ou calquera tema xeral comezasen a axudarme na tarefa de seguir con isto adiante. O que queira que me mande un correo electrónico ou deixe un comentario aquí mesmo. Eu estarei encantado de publicar calquera cousa que se vos ocorra.
Espero ter algunha resposta dalgún de vos e que vos teña entretidos esta nova etapa do Blogue. Un saúdo a todos!



0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home