Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

domingo, abril 23, 2006

Festival de Ortigueira


Non hai demasiadas novidades, soamente sabemos que estenderon o prazo para presenta-las candidaturas para o escenario Runas. Agora podes presenta-la túa ate o día 10 de Maio.

Pola outra banda xa vai sendo hora de ir programando a viaxe que faremos nos. Hai que decidir xa se imos o Luns 3 ou o Martes 4, e de se volvemos o Luns 10 ou o Martes 11. Para isto fixen dúas enquisas, unha para a ida, e outra para a volta. Votade todos os que vaiades a vir, e facede o favor de non facer trampas, que xa sei que se pode, é moi sinxelo, pero trátase de ir o día que todos queiramos.

A ver se a mediados desta semana, que comeza mañá, xa temos unhas datas definitivas, que hai que ir encargando o autobús.

Se tendes algunha suxerencia ou dúbida deixade aquí un comentario.