Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

domingo, junio 04, 2006

O ano do Fútbol


O 2006 é o ano do fútbol. Cada catro anos, con cada celebración da Copa do Mundo, existe unha febre incomprensíbel cara o deporte rei. A mellor competición futbolística existe tódolos anos, e tódolos anos hai un campión de Champions League, pero a Copa das seleccións ten un carisma moi especial.

Nótase nos xogos, ou en calquera tipo de merchandising, monecos, chaveiros, etc. SEGA acaba de sacar ao mercado, conxuntamente con PANINI un xogo de recreativa-cartas de coleccionismo, chamado World Club Championship Football. A cousa é que ti compras un kit de iniciación, unha serie de xogadores aleatorios, máis unha carta de equipo, ó estilo Magic, é fa-la túa aliñación coas cartas que teñas, ou as que consigas. Despois podes xogar amigábeis ou ligas nas salas recreativas que teñan as máquinas deste xogo. En eBay se paga o Ronaldinho Foil por 200 €. Tamén podes atopar ao Zidane do 97 Foil por 90 € ou a Sevchenko, tamén Foil, por 40 €. Tamén se poden conseguir cousas raras, como un Guardiola na Roma, cunhas moi boas estatísticas, por 14 €, máis do que custa o Deportivo enteiro, 4 €. Polo momento so hai poucos equipos, por exemplo o Real Madrid non está dispoñíbel.

Tamén nestas datas comezan a saír anuncios comerciais con relación coa Copa do Mundo. Neste sentido os que gañan sempre son os arxentinos, que teñen uns anuncios que son incribles. Non teñen desperdicio.