Portadas e física!

Unha semana (ou algo máis) despois volvo con novas historias (se me axudarades sería máis sinxelo).
Lendo o blogue Brétemas (o cal leo a diario e recomendo) atopei unha lista das 40 mellores portadas de revista dos últimos 40 anos, nos Estados Unidos, como non. Non me deixa de impresionar como se pode le-la historia a través de soamente 40 fotografías, merece a pena perder 4 minutos botándolles un ollo :).
Pola outra banda descubrin hai tempo un video, non lembro en que blogue, visito tantos que xa perdo a conta, que explica de forma moi sinxela como se podería teorizar sobre a 10ª dimensión. Vai explicando pouco a pouco o significado de cada dimensión, dende a primeira, unha liña, ate a onde quere chegar, a 10ª. Un traballo de animación moi ben feito. É incribel, a mágoa é que está en inglés soamente, e sen subtítulos, pero o narrador fala moi claro e se entende perfectamente. Buscando un pouco máis de información atopei Imagining the Tenth Dimension, unha páxina web en flash onde tamén está o video, pero por partes, dimensión por dimensión, moito máis sinxelo de explorar e moi ben deseñada. Esto sí que merece a pena que perdamos os dez minutos que dura a presentación.
Etiquetas: 10ª dimensión, bretemas, fisica, portadas, publicidade, video



0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home