Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

viernes, junio 09, 2006

Psicotrópicos no pasado

A finais do século XVII, durante todo o XIX e a principios do XX moitos productos derivados do opio foron usados en Estados Unidos e Europa en diferentes productos comerciais. Morfina, cocaína e incluso heroína foron usados como productos milagre dende que foron descubertos. Moitos empresarios se gababan de que os seus productos levaran entre os seus ingredientes estes productos sen ningún tipo de problema. E non foi ate os 80 cando en Estados Unidos se comezou a prohibi-los derivados da cocaína na maioría das menciñas contra a tose.

Productos con Cocaína.

Había tres tipos de menciñas que contiñan cocaína. Os anestésicos tópicos, coma os pos para a dor de moas, as menciñas catarrais, que suavizaban a conxestión da gorxa e a cabeza, e a cocaína medicinal (e posiblemente recreativa), como diferentes viños, ós que se lles atribuía diversos efectos beneficiosos.

O sirope de Coca-Cola de 1906 usaba as follas da coca, aínda que lle quitaban a cocaína, a vendían como bebida medicinal. Aínda agora a compañía rexeita falar do tema da coca nas súas bebidas.

As pingas para a dor de moas de cocaína foron moi usadas para as dores dos nenos. Ademais de parar estas insoportables dores cambiaba o “estado de ánimo” do usuario


Os viños de cocaína, como o Maltine ou o Vin Mariani, se vendían grazas as súas múltiples virtudes medicinais que tiñan. Na súa etiqueta se podía ver como posoloxía: "Un vaso de viño enteiro coas, ou inmediatamente despois das, comidas. Os nenos en proporción".

Opiáceos.

Os opiáceos se usaron máis extensivamente que os derivados da cocaína. A nivel médico hai que entendelo tendo en conta a situación contemporánea desa época, na que a malaria, o cólera e a disentería (os derivados do opio seguen a ser os remedios máis eficientes contra a disentería) eran unhas graves causas de morte, e os opiáceos eran un remedio efectivo.

Esta botella de Stickney and Poor contén paregonic, unha mestura de opio con alcohol (nunha concentración dun 46%). Na etiqueta traseira da botella se pode le-la posoloxía tanto para adultos como para cativos de incluso cinco días.

A farmacéutica Bayer e outras máis comercializaron a principios do século XX heroína para diferentes usos médicos, como a cura da tose.

O Mrs. Winslow's Soothing Syrup foi indispensábel para moitas nais e coidadoras de cativos. Contiña 65 mg de heroína por ampola e se lle administraba aos rapaces que non paraban quietos resultando moi efectivo. A compañía que o fabricaba difundiu as súas marabillas mediante diferentes medios, facendo libros de cociña, con calendarios e incluso xogos de cartas, como a da fotografía superior, de 1887.

Productos con Anfetamina.

A anfetamina foi sintetizada demasiado tarde para te-la expansión que tiveron os opiáceos ou os derivados da coca. De tódolos xeitos se comezou a usar para desconxestionar a cabeza e para o asma, así como para axudar en dietas de adelgazamento na década dos 70.


Os inhaladores de bencedrina estiveron dispoñíbeis ate principios dos 50. Algunhas liñas aéreas os ofrecían coma un servizo máis. As compañías fabricantes se gababan de venderen ate 1938 10 millóns de unidades nos seus primeiros 7 anos de comercialización. Esto, por exemplo, supera as vendas de McDonal’s no seu período de expansión.

Nos 50 a compañía Pan American World Airways Flight ofrecía na súa carta de obxectos de servizo (Service Ítems na fotografía) inhaladores de bencedrina xunto con panos, goma de mascar ou bolsas de xeo, para face-lo viaxe máis pracenteiro.