Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

martes, junio 20, 2006

As novas tecnoloxías nos xogos de rol


Se ven é certo que nos xogos de rol á tecnoloxía máis avanzada que se usa habitualmente é a dun sacapuntas, cada vez se usan máis as novidades que van saíndo ao mercado. A maioría dos xogadores de rol, en particular os directores de xogo, saben que un portátil sería unha gran axuda á hora de xogar unha partida, dado que podes ter tódolos manuais a un so clique de distancia, diferentes utilidades (como lanzadores de dados) ou mesmo a música ambiental. Nin que dicir ten que un ordenador é de moita moita utilidade á hora de preparar unha partida.

Pois ven agora vexo en d20srd.org unha nova idea, usar un proxector para simula-los combates e os movementos do xogo. A súa proposta é guindar un proxector do teito para que este coloque o escenario sobre a mesa de xogo, de maneira que o mapa proposto polo director de xogo estea “pintado” na mesa. Así tamén se podería modifica-lo taboleiro segundo van ocorrendo diferentes situacións dentro da partida. O efecto final é realmente incríbel, e a xogabilidade debe ser inmensa, pero quen se pode permitir esto?