Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

viernes, junio 16, 2006

O regreso de Sardà


Despois de triunfar en “Hoy por hoy”, o programa matinal de Iñaki Gabilondo, da SER grazas ó seu personaxe, o Señor Casamajor, pasou a levar o seu propio programa polas tardes tendo un gran éxito con “La Ventana”. Á televisión saltou con “Juego de niños” pero se deu máis a coñecer con “Moros y cristianos”. Pero o seu gran éxito profesional veu cando dirixiu e presentou o programa de late-night “Crónicas Marcianas”.

Tras anos de éxitos de audiencias cun programa de moita calidade, intelixente, sagaz e con entrevistas moi interesantes os primeiros anos foi dexenerando cara a parte máis cutre da televisión lixo da que ninguén pode ter orgullo. Uns anos máis tarde se tivo que retirar da grella debido a que a competencia lle roubara o seu espírito orixinal, o do principio de todo. Se pode dicir que perdeu contra si mesmo.

Tras un ano sabático que se tomou agora volve como director dunha serie documental que amosará a vida de diferentes emigrantes no estranxeiro e de cómo é a súa vida cotiá en diferentes puntos do planeta. Este formato xa tivo bastante éxito na televisión catalana co programa “Afers exteriors”. Xabier Sardà volve á carga en Tele 5, semanalmente e en prime time, nunca se sabe o qué pode pasar.