Máis camisolas
Na liga das estrelas xa falta pouco para que tódalas equipas presenten as súas camisetas e equipacións para a vindeira tempada. Despois de que o Atlético desmentira que ía cambia-las raias por unha camisola bicolor, e despois de vermos a devandita camiseta en fotografía, agora se pode confirmar que só a usará nos partidos fora de casa, dado que ante a presión dos seareiros no Calderón xogarán coa camisola habitual. Na mesma nova de Marca se pode ler que tanto a Juventus de Turín como o Barcelona adoptarán tamén un deseño parecido á equipa colchoeira. Nike, que cada ano sorprende coas súas equipacións, o ano pasado nos trouxo a camisola amarela fluorescente para os encontros fora da casa do Barça e o pantalón vermello para os de casa. Nesta nova tempada volverá o pantalón azul pero a primeira equipación so terá catro bandas, como xa puidemos ver en fotos.
Nestes tempos vender conta máis que o seareiro, e a súa opinión, que será negativa fronte a un cambio moi radical na camisola, non será tida en conta demasiado.
A parte desta nova, que máis ven é un rumor, se pode ver un bosquexo da nova equipación do Valencia.
Nas ligas estranxeiras podemos atopar novos deseños moi diferentes ós que estamos acostumados nalgúns casos.
En Manchester usarán un estilo moi clásico na tempada que ven. Cambia tamén de patrocinador, a AIG.
En Liverpool apostan por un deseño máis en liña cos que as equipas veñen usando os últimos anos. Aquí poderemos ver os bosquexos da primeira e segunda equipación e maila segunda para competicións europeas.
O mesmo deseño que o Liverpool o usarán outros dous equipos que teñen contrato con Adidas, o Bayern de Munich e o Benfica.
Pero sen dúbida o equipo mellor equipado é o Rosario Central. A única pega e que non sei eu como xogarán con esa minisaia...
0 Comentarios:
Publicar un comentario
<< Home