Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

viernes, julio 28, 2006

PS3: SingStar

Acabo de ler en VidaExtra que xa está medio preparado o SingStar para Play Station 3. Neste vídeo que presentou Sony se pode ver que a idea é a mesma pero que o xogo aproveitará as posibilidades da conexión á comunidade da consola a través de internet para darlle máis amplitude. Pódese ver como o xogador se baixa unha canción de internet antes de xogar dunha lista inmensa delas, disque máis de trescentas. Polo momento non se sabe nada máis, pero se unimos a isto que o novo EyeToy será totalmente revolucionario, pode saír unha cousa totalmente diferente.



jueves, julio 27, 2006

2ª División

Xa está publicado o calendario da segunda división. Aínda non comezou debido a que non podemos contactar con Johny para preguntarllo seu equipo, Johny contesta xa!!! Podédelo ver aquí ou na marxen dereita.

Videoxogos: novidades


Dúas novidades no campo dos videoxogos se poden ver esta semana. Por unha banda xa está dispoñíbel para descargar unha demo do xogo para XBOX 360 Table Tennis! O que me parece incríbel deste título é cómo será a xogabilidade dun xogo baseado nun dos deportes máis rápidos do mundo, ónde os reflexos son sumamente importantes e que os movementos non se poden plasmar facilmente a través dun pad de xogo. O vídeo da demo non ten mala pinta, todo o contrario, chama bastante a atención e parece que non será demasiado difícil, pero nunca se sabe.

Por outra banda para PS2 vai a saír Okami, un xogo do que non se sabe demasiado. Pero vendo este vídeo chama bastante a atención. A primeira vista asemella un xogo de plataformas normal, no que o teu personaxe é un deus con forma de lobo que ten que salva-lo mundo. Ate aí todo vai ben. O caso é que en canto o mundo non lle é favorábel para continuar o xogo ten un modo no que, grazas a un pincel, e diferentes técnicas de caligrafía, o protagonista pode cambia-lo seu entorno! Asemella que este, un dos últimos títulos que sairán para esta consola, será un dos seus grandes hits.

Por último devir que a Nintendo Wii xa ten data de saída comercial, ou a lo menos eso é o que se rumorea. A cousa é que en WallMart.com teñen como data de lanzamento do xogo de Bob Esponxa o día 2 de Outubro, e por iso se está comezando a difundi-la nova de que esta será a data de lanzamento da consola, xa que sen consola os xogos non valen de nada...

Nova de última hora en El País


1.03 da madrugada é unha voa hora para le-las últimas novas nos xornais dixitais. Ollando ós últimos titulares de El País leo... “Van Nistelrooy, nuevo jugador del Real Madrid según la Cadena SER” o.O!!! En diagonal leo que lle pagan ao Manchester United 15 quilos. Sorprendente dado que esta tarde en Marca se podía ler esto, ou quizais non tan sorprendente no fútbol actual.

Se segues indagando podes ler na Cadena SER que firmará por tres anos ademais dos diferentes números que fixo o ariete holandés no equipo inglés. Mentres tanto Marca chega tarde a esta nova, incluso máis tarde ca min, jeje.

A nova liga de PES


Desta vai, e a ver se a rematamos! Esta semana, esperemos que mañá comezará a Liga de Pro Evolution Soccer na Casa da Xuventude. Comezaremos cunha 1ª división de oito equipos e unha 2ª de 10, clasificados en dúas categorías a partires do último torneo que xogamos, o de Nadal, no que gañou Xoel. Desta vez, ó haber dúas divisións a competición tórnase máis excitante se cabe, xa que os tres últimos clasificados de 1ª descenderán directamente. Na división de prata subirán os dous primeiros e os catro seguintes xogarán un play-off pola outra praza de primeira.

O calendario da primeira división podédelo ver aquí, e estará dispoñíbel na barra da dereita, e o da segunda colgareino en canto se saiban tódolos equipos asignados. Nesta ocasión, como se pode ver no calendario, hai novidades, como a de que se poden escoller clubs así como seleccións nacionais. En pouco tempo publicarei tamén o resto das novidades conxuntamente con tódalas normas desta nova liga.

sábado, julio 22, 2006

Eskarrikasko Julen

Julen Guerrero despediuse do fútbol de primeira liña para dedicarse a sacar novos Julens na canteira do Athletic sen facer ruído, sen poder dicir adeus, sen que o deixen despedirse como se merece.

O primeiro futbolista mediático da historia fixo cousas incríbeis, puxo de moda ao xogador nacional, ao saído da propia canteira, de moda, obtivo goles asombrosos, levou ao Athletic á segunda posición cando a Lei Bosman estaba xa vixente e foi o primeiro xogador en aparecer nos cartafoles das adolescentes e en arrincarlles berros e histerias nos entrenamentos e nas concentracións.

De máis a menos Julen se tivo que retirar pola porta pequena. Moitos son os que din que tivo que aproveita-lo seu bo momento para poder ir a un grande para triunfar, que no Athletic non se medra. Pero o club de Bilbo para moitos non é so un equipo de fútbol, senón unha maneira de vivir e estar aí dende os sete anos ten que marcar.

Aquí deixo un recopilatorio dos goles da tempada 93/94, fixádevos nos seareiros de Bilbo e no golazo no Nou Camp.



miércoles, julio 19, 2006

Neverwinter Nights 2


Moitos estamos á espera de que un novo xogo de ordenador saia nos vindeiros días para afrontar este verán ou, polo menos, o que queda de ano, con material novo que nos deixe un bo sabor de boca. Xa antes estibemos detrás de títulos como Mafia, KotOR, KotOR II, Neverwinter Nights (sobre todo polas súas expansións), etc. Xogos de gran calidade que nos invitan a seguir xogándoos incluso de telos xogados por completo.

Polo momento, ate setembro, non estaba previsto que saíra nada..., á espera estamos dun xogo no que están a traballar os realizadores da saga KotOR, pero desta cunha ambientación medieval, pero aínda non se sabe nada. O primeiro que ía a saír era o Neverwinter Nights II, previsto para setembro, pero finalmente se acaba de coñece-la nova de que non sairá ate o mes seguinte, especificamente o 20 de outubro. Polo momento nos podemos quedar con uns cuantos vídeos: un vídeo tráiler, presentación e creación dun personaxe e a presentación do in-game. Realmente asemella que merece a pena agardar a que saia.

viernes, julio 14, 2006

Volver a empezaaaarrr.....


Tras un longo descanso de escribir no blogue xa é hora de volver e seguir con este pequeno traballiño que pouco a pouco vai crecendo, se non en visitas (que en realidade, si que creceu aínda que pouco e, a pesares de non estar actualizado), en volume.

Ate que o Biez remate cos seus vídeos do que fixemos no Festival de Ortigueira tratarei de non facer ningún comentario sobre el, xa que podería encher páxinas e páxinas sobre cómo gozamos a semana pasada.

Quitando esto imos coa primeira nova do verán, algo que a algúns lles chamará a atención. SquareEnix acaba de poñer á disposición do público un avance do remake que están a elaborar do Final Fantasy III. Pódese ver un vídeo aquí, a verdade é que promete bastante, o rendemento que está a da-la DS non está decepcionando para nada. E, polo camiño tamén atopei unha nova semellante. E é que Famitsu está a traballar nunha nova entrega de Shining Force, Shining Force EXA, que seguramente sairá este inverno, aínda antes que un proxecto anterior no que estaban a traballar, Shining Wind. Desto aínda non temos probas físicas e hai que facer un acto de fe para crelo.

Seguindo con máis videoxogos en Vida Extra podemos atopar novas capturas do N4S Carbon, aínda sen data de saída. E en IGN se pode ver un tráiler do que será o próximo éxito dos xogos de conducción.