Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

martes, junio 20, 2006

As novas tecnoloxías nos xogos de rol


Se ven é certo que nos xogos de rol á tecnoloxía máis avanzada que se usa habitualmente é a dun sacapuntas, cada vez se usan máis as novidades que van saíndo ao mercado. A maioría dos xogadores de rol, en particular os directores de xogo, saben que un portátil sería unha gran axuda á hora de xogar unha partida, dado que podes ter tódolos manuais a un so clique de distancia, diferentes utilidades (como lanzadores de dados) ou mesmo a música ambiental. Nin que dicir ten que un ordenador é de moita moita utilidade á hora de preparar unha partida.

Pois ven agora vexo en d20srd.org unha nova idea, usar un proxector para simula-los combates e os movementos do xogo. A súa proposta é guindar un proxector do teito para que este coloque o escenario sobre a mesa de xogo, de maneira que o mapa proposto polo director de xogo estea “pintado” na mesa. Así tamén se podería modifica-lo taboleiro segundo van ocorrendo diferentes situacións dentro da partida. O efecto final é realmente incríbel, e a xogabilidade debe ser inmensa, pero quen se pode permitir esto?

domingo, junio 18, 2006

Programa de Ortigueira '06


Despois do adianto dado hai semanas do concerto patrocinado por Estrella Galicia para o venres, agora xa temos o programa enteiro.

Temos grupos novos, grupos xa coñecidos, pero o estilo segue a ser sempre o mesmo, agás o experimento de Javier Limón, o cal se agradece. Máis grupos bretóns que de costume, en detrimento dos británicos, que adoitan ser sempre máis. Tamén unha fanfarria romanesa, ó estilo de Fanfarrie Ciocarlia.

O programa, pois, será o seguinte para os catro, este ano o xoves haberá máis actuacións que o ano pasado, que case non había actividade, días do Festival de Ortigueira 2006:

Xoves 6

Grupo folclórico Lous Tchancayres: agrupación de baile con zancudos da rexión das landas francesas.

Dominic Graham School of Irish Dance: agrupación de baile desta afamada academia nor-irlandesa. Alumnas de tódalas idades farán un espectáculo polas rúas da vila e pola noite no escenario.

Nova Galega de Danza: o grupo de baile, que xa estivera en Ortigueira hai dous anos, repite cun novo espectáculo, tralo amplo éxito obtido co anterior.

Venres 7

Xa o vimos en abril.


Sábado 8

Bagad Beuzeg: este grupo bretón foi catro veces campiona de Bretaña e tres veces subcampiona, os seus títulos a avalan.

Original Kokani Orkestar: fanfarria romanesa moi tradicional. Este ano se repite estilo, a ver se son tan bos como Farfarre Ciocarlia...

Llan de Cubel: agrupación tradicional asturiana, están comezando a destacar pero teñen un gran potencial como grupo.

Solas: moi interesante grupo celta dos EEUU. Fai unha fusión da música irlandesa con grupos de voces e tamén incluíndo a guitarra e o “banjo”.

Xochilmica e amigos (en construcción, + info): tralo seu gran éxito o ano pasado no escenario Runas gañáronse o dereito a participar nos grandes concertos do escenario Estrella Galicia deste ano. Estarán arroupados por diferentes colaboradores.

Domingo 9

Berrogüetto: non precisa de presentación algunha, so dicir que veñen a presenta-lo seu último disco, 10.0, máis nada.

Four men and a dog: adoitan mestura-la música tradicional irlandesa con ritmos máis comerciais e movidos, ó estilo de Wolfstone. Teñen un directo que promete.

Gwendal: grandísimo grupo bretón que si que merece a pena ver en directo, que mágoa que non estean acompañados polos seus amigos vascos de Oskorri.

Session A9: ás veces varios músicos de diferentes grupos do mesmo estilo se xuntan nunha soa agrupación. Este é o caso do folk escocés representado en Session A9, con xente de Capercaillie ou Wolfstone, de calidade non carece o grupo.


Todos estes concertos terán lugar na explanada do porto deportivo de Ortigueira, no Escenario Estrella Galicia ás 10 da noite. Esperemos que o principal patrocinador do festival, que está de centenario, se comporte e faga algunha falcatruada.

Quero recordar que aínda hai prazas libres para ir na excursión organizada na Casa da Xuventude de Ourense, partiremos o luns 3 e regresaremos a Ourense o luns seguinte, 10. O custo será de 7€ para os socios da casa. Preguntar na secretaría.

viernes, junio 16, 2006

O regreso de Sardà


Despois de triunfar en “Hoy por hoy”, o programa matinal de Iñaki Gabilondo, da SER grazas ó seu personaxe, o Señor Casamajor, pasou a levar o seu propio programa polas tardes tendo un gran éxito con “La Ventana”. Á televisión saltou con “Juego de niños” pero se deu máis a coñecer con “Moros y cristianos”. Pero o seu gran éxito profesional veu cando dirixiu e presentou o programa de late-night “Crónicas Marcianas”.

Tras anos de éxitos de audiencias cun programa de moita calidade, intelixente, sagaz e con entrevistas moi interesantes os primeiros anos foi dexenerando cara a parte máis cutre da televisión lixo da que ninguén pode ter orgullo. Uns anos máis tarde se tivo que retirar da grella debido a que a competencia lle roubara o seu espírito orixinal, o do principio de todo. Se pode dicir que perdeu contra si mesmo.

Tras un ano sabático que se tomou agora volve como director dunha serie documental que amosará a vida de diferentes emigrantes no estranxeiro e de cómo é a súa vida cotiá en diferentes puntos do planeta. Este formato xa tivo bastante éxito na televisión catalana co programa “Afers exteriors”. Xabier Sardà volve á carga en Tele 5, semanalmente e en prime time, nunca se sabe o qué pode pasar.

domingo, junio 11, 2006

Nadal gaña o Roland Garros


Rafa Nadal gañou por segundo ano consecutivo a Copa dos Mosqueteiros por 1-6 6-1 6-4 7-6 nunha dura contenda de tres horas fronte a Roger Federer. O manacorí, que comezou perdendo por 1-6, remontou de súpeto grazas á súa mentalidade gañadora e á súa vontade. O punto tráxico da tarde foi nunha volea mal proxectada por Federer, o número 1 do mundo, trala cal Nadal se foi arriba e puido gaña-lo aberto de Francia.

Esta é a súa victoria número 60 consecutiva en terra batida e número 100 da súa carreira deportiva nesta superficie.

O tenista suízo terá que esperar un ano máis para gaña-lo Grand Slam que le resta para te-los todos.

sábado, junio 10, 2006

Máis camisolas

Na liga das estrelas xa falta pouco para que tódalas equipas presenten as súas camisetas e equipacións para a vindeira tempada. Despois de que o Atlético desmentira que ía cambia-las raias por unha camisola bicolor, e despois de vermos a devandita camiseta en fotografía, agora se pode confirmar que só a usará nos partidos fora de casa, dado que ante a presión dos seareiros no Calderón xogarán coa camisola habitual. Na mesma nova de Marca se pode ler que tanto a Juventus de Turín como o Barcelona adoptarán tamén un deseño parecido á equipa colchoeira. Nike, que cada ano sorprende coas súas equipacións, o ano pasado nos trouxo a camisola amarela fluorescente para os encontros fora da casa do Barça e o pantalón vermello para os de casa. Nesta nova tempada volverá o pantalón azul pero a primeira equipación so terá catro bandas, como xa puidemos ver en fotos.

Nestes tempos vender conta máis que o seareiro, e a súa opinión, que será negativa fronte a un cambio moi radical na camisola, non será tida en conta demasiado.

A parte desta nova, que máis ven é un rumor, se pode ver un bosquexo da nova equipación do Valencia.

Nas ligas estranxeiras podemos atopar novos deseños moi diferentes ós que estamos acostumados nalgúns casos.

En Manchester usarán un estilo moi clásico na tempada que ven. Cambia tamén de patrocinador, a AIG.

En Liverpool apostan por un deseño máis en liña cos que as equipas veñen usando os últimos anos. Aquí poderemos ver os bosquexos da primeira e segunda equipación e maila segunda para competicións europeas.



O mesmo deseño que o Liverpool o usarán outros dous equipos que teñen contrato con Adidas, o Bayern de Munich e o Benfica.

Pero sen dúbida o equipo mellor equipado é o Rosario Central. A única pega e que non sei eu como xogarán con esa minisaia...

viernes, junio 09, 2006

Apple a por Nintendo


Acabo de ler un rumor incríbel en CNET, Apple podería mercar nun espazo relativamente curto de tempo a Nintendo. Como se pode ler nesa nova Apple xa intentou meterse no mundo dos videoxogos xa hai tempo, pero debido a que as productoras non portan demasiados títulos ás súas plataformas estes proxectos nunca tiveron demasiado éxito.

Despois do grandísimo éxito que esta empresa está a ter cun dos seus últimos inventos, o gadget iPod, creceu moito en volume de mercado, fama de marca e poder adquisitivo, é normal que queiran expandi-los seus horizontes a novos mercados e, dende logo, a industria dos videoxogos é unha gran fonte de ingresos.

Non é esta a primeira vez que unha empresa ten nos seus plans futuríbeis mercar Nintendo, xa Cisco o tivo na súa axenda hai algún tempo, pero ó final non saíu a operación adiante. Desta vez si que pode ser que de aquí a un par de anos se poida ver que a marca da mazá mova fichas nesta dirección. Como din en CNET, ven farían en agardar polos resultados das vendas da Wii.

Psicotrópicos no pasado

A finais do século XVII, durante todo o XIX e a principios do XX moitos productos derivados do opio foron usados en Estados Unidos e Europa en diferentes productos comerciais. Morfina, cocaína e incluso heroína foron usados como productos milagre dende que foron descubertos. Moitos empresarios se gababan de que os seus productos levaran entre os seus ingredientes estes productos sen ningún tipo de problema. E non foi ate os 80 cando en Estados Unidos se comezou a prohibi-los derivados da cocaína na maioría das menciñas contra a tose.

Productos con Cocaína.

Había tres tipos de menciñas que contiñan cocaína. Os anestésicos tópicos, coma os pos para a dor de moas, as menciñas catarrais, que suavizaban a conxestión da gorxa e a cabeza, e a cocaína medicinal (e posiblemente recreativa), como diferentes viños, ós que se lles atribuía diversos efectos beneficiosos.

O sirope de Coca-Cola de 1906 usaba as follas da coca, aínda que lle quitaban a cocaína, a vendían como bebida medicinal. Aínda agora a compañía rexeita falar do tema da coca nas súas bebidas.

As pingas para a dor de moas de cocaína foron moi usadas para as dores dos nenos. Ademais de parar estas insoportables dores cambiaba o “estado de ánimo” do usuario


Os viños de cocaína, como o Maltine ou o Vin Mariani, se vendían grazas as súas múltiples virtudes medicinais que tiñan. Na súa etiqueta se podía ver como posoloxía: "Un vaso de viño enteiro coas, ou inmediatamente despois das, comidas. Os nenos en proporción".

Opiáceos.

Os opiáceos se usaron máis extensivamente que os derivados da cocaína. A nivel médico hai que entendelo tendo en conta a situación contemporánea desa época, na que a malaria, o cólera e a disentería (os derivados do opio seguen a ser os remedios máis eficientes contra a disentería) eran unhas graves causas de morte, e os opiáceos eran un remedio efectivo.

Esta botella de Stickney and Poor contén paregonic, unha mestura de opio con alcohol (nunha concentración dun 46%). Na etiqueta traseira da botella se pode le-la posoloxía tanto para adultos como para cativos de incluso cinco días.

A farmacéutica Bayer e outras máis comercializaron a principios do século XX heroína para diferentes usos médicos, como a cura da tose.

O Mrs. Winslow's Soothing Syrup foi indispensábel para moitas nais e coidadoras de cativos. Contiña 65 mg de heroína por ampola e se lle administraba aos rapaces que non paraban quietos resultando moi efectivo. A compañía que o fabricaba difundiu as súas marabillas mediante diferentes medios, facendo libros de cociña, con calendarios e incluso xogos de cartas, como a da fotografía superior, de 1887.

Productos con Anfetamina.

A anfetamina foi sintetizada demasiado tarde para te-la expansión que tiveron os opiáceos ou os derivados da coca. De tódolos xeitos se comezou a usar para desconxestionar a cabeza e para o asma, así como para axudar en dietas de adelgazamento na década dos 70.


Os inhaladores de bencedrina estiveron dispoñíbeis ate principios dos 50. Algunhas liñas aéreas os ofrecían coma un servizo máis. As compañías fabricantes se gababan de venderen ate 1938 10 millóns de unidades nos seus primeiros 7 anos de comercialización. Esto, por exemplo, supera as vendas de McDonal’s no seu período de expansión.

Nos 50 a compañía Pan American World Airways Flight ofrecía na súa carta de obxectos de servizo (Service Ítems na fotografía) inhaladores de bencedrina xunto con panos, goma de mascar ou bolsas de xeo, para face-lo viaxe máis pracenteiro.

martes, junio 06, 2006

Ilusionismo informático


O mes pasado se podía ver en Yonkis.com unha ligazón a un efecto óptico realmente curioso, pero debido ó exceso de tráfico sufrido pola páxina web, esta non puido seguir dando servizo ata o actual.

Agora si que se pode ver esta cousa tan curiosa. As instruccións son ven sinxelas. Mirar fixamente ó punto negro do centro da imaxe durante trinta segundos. Pasado este tempo movelo punteiro por encima da imaxe, sen deixar de mirala.

O efecto será que veremos unha imaxe totalmente en cor ate que deixemos de mirar fixamente, en canto movámo-la mirada se volverá en branco e negro.

Agora tamén se pode ver esta segunda imaxe.

domingo, junio 04, 2006

O Atlético cambia de imaxe

Finalmente non son rumores e xa hai probas, o Atlético de Madrid vestirá unha camiseta sen raias a vindeira tempada! Ate o de agora so se sabía a través dun bosquexo e o equipo o desmentira, pero agora podedes ver unha proba tanxible de que seguramente non hai volta atrás. Como se tomarán esto os seareiros colchoeiros? En realidade xa non se poderán chamar así...


Tamén podemos ve-las novas camisetas do AC Milán, que terá publicidade de BetAndWin.

A segunda do Ajax, que ten o novo deseño do pescozo de Adidas.


A do Arsenal, con Fly Emirates.


O novo deseño de Puma, precioso, para o Sporting de Lisboa.


Tamén está moi ben o novo deseño de Puma con debuxos de fondo, como a segunda camisola do Mónaco, o están usando para algunhas seleccións nacionais tamén.


E por último so queda unha pequena broma que cambia a camisola da Juve habitual por unha un pouco máis ó estilo dos directivos...

O ano do Fútbol


O 2006 é o ano do fútbol. Cada catro anos, con cada celebración da Copa do Mundo, existe unha febre incomprensíbel cara o deporte rei. A mellor competición futbolística existe tódolos anos, e tódolos anos hai un campión de Champions League, pero a Copa das seleccións ten un carisma moi especial.

Nótase nos xogos, ou en calquera tipo de merchandising, monecos, chaveiros, etc. SEGA acaba de sacar ao mercado, conxuntamente con PANINI un xogo de recreativa-cartas de coleccionismo, chamado World Club Championship Football. A cousa é que ti compras un kit de iniciación, unha serie de xogadores aleatorios, máis unha carta de equipo, ó estilo Magic, é fa-la túa aliñación coas cartas que teñas, ou as que consigas. Despois podes xogar amigábeis ou ligas nas salas recreativas que teñan as máquinas deste xogo. En eBay se paga o Ronaldinho Foil por 200 €. Tamén podes atopar ao Zidane do 97 Foil por 90 € ou a Sevchenko, tamén Foil, por 40 €. Tamén se poden conseguir cousas raras, como un Guardiola na Roma, cunhas moi boas estatísticas, por 14 €, máis do que custa o Deportivo enteiro, 4 €. Polo momento so hai poucos equipos, por exemplo o Real Madrid non está dispoñíbel.

Tamén nestas datas comezan a saír anuncios comerciais con relación coa Copa do Mundo. Neste sentido os que gañan sempre son os arxentinos, que teñen uns anuncios que son incribles. Non teñen desperdicio.