A temporada 06/07 xa comezou
Xa se fala de fichaxes, de eleccións e de figazos. Morientes xa está en valencia, en Madrid aínda non se sabe quén presidirá o club de España e dous dos candidatos din que pagarán 150 millóns de euros por Messi (se é certo de regalo lle mandamos a Motta, ninguén vale tantos cuartos...).
Despois da exclusiva das camisolas do Real Madrid, que curiosamente aínda non as teño visto en ningún xornal nacional, se poden seguir vendo novas camisolas para o ano que ven. O Borussia Dortmund e o Crystal Palace (e fora) xa teñen deseño para a nova tempada. O Atlético desmentiu que Nike fixera este sindiós para o ano que ven (aínda que non está demasiado claro que finalmente non sexa así), e o Barça levará esta camisola co lema Més que un Club (que seica saíu en El Mundo Deportivo) no pescozo por dentro, como se pode ver a continuación:

O que aínda non se sabe é a cor dos pantalóns, que o ano pasado cambiaran a vermello, no canto de te-lo azul tradicional. Tamén é unha incógnita a segunda camisola, que tralo rotundo éxito do ano pasado, Nike ten un gran reto para repetir beneficios.
O que si está claro é que un ano máis o Barça seguirá sen levar publicidade, polo menos comercial, dado que Laporta comentou que sería posíbel que tivera puntualmente algunha referencia a algún proxecto humanitario (por exemplo Mans Unidas), ó igual que o Athletic, que poida que leve de novo publicidade de Euskadi.
















