Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

martes, octubre 10, 2006

Volven Heroes del Silencio


Outra boa nova no día de hoxe, acabo de ler en hipersonica, un blogue de música que visito diariamente, moi recomendábel por certo, que Heroes del Silencio comezaron a ensaiar de novo grazas a unha oferta da Expo de Zaragoza (terra nai do grupo) para o 2008. Esto é que pode que estean preparando un calendario de ensaios para facer concertos, ou ben soamente na Expo, ou, como se rumorea, que fagan ademais unha pequena xira.

Sexa como sexa, unha boa nova.

lunes, octubre 09, 2006

Google merca Youtube





Hoxe decidín volver co blogue. Xa era hora, despois dun longo parón de verán, e máis, estiben esperando a atopala nova que merecera a pena poñer como para seguir. Dito e feito.

Hoxe tamén é un día importante en Google, hoxe crece máis. Acaba de sacar unha nota de prensa na que se di que merca Youtube por a exorbitada cifra de 1.650 millóns de dólares, nunha operación de intercambio de accións. Grazas ao tipo de transacción, non é de compra, senón un intercambio de accións, Youtube seguirá a ser independente de Google, tal e como podemos ler no comunicado, co cal seguirá a te-la súa propia marca, comunidade, traballadores, etc.