Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

martes, agosto 01, 2006

Counter Strike na Campus Party

Tódalas partys teñen, entre os seus adeptos, algunhas persoas que se poñen de moi mal xenio cando os matan en xogos como o Counter Strike. Aquí podedes ver un vídeo dun rapaz na recen clausurada Campus Party que foi gravado in fraganti polos seus compañeiros (un pouco mamóns, escóitense as risas de fondo) e cunha post-producción moi cachonda. O mellor:
Tengo mucho lag, yo no puedo jugar así.



O mellor anuncio de MasterCard

Non sei se este anuncio será real ou un fake, pero é realmente xenial. A verdade é que parece falso, xa que non se ve o logo de MasterCard por ningún lado..., de tódolos xeitos hai que felicitar aos que o fixeron, Noraboa!!! (mágoa que non estea traducido ou, polo menos subtitulado, pero máis ou menos penso que se entende ben).