Pechado indefinidamente.
Podedes acceder ao Forum Auriensis se queredes pasa-lo rato.

domingo, enero 28, 2007

Guerra NEXTgen!

Debido o parón pouco teño falado no blogue das novas consolas, e moito menos do estado actual do mercado. Esta semana volveu a gañar Nintendo DS, por diante de Wii e, por suposto de PS3 en Xapón, segundo puidemos ler en VidaExtra. No que vai de ano Nintendo xa vendeu máis de medio millón de DS Lite e, como se pode comprobar na lista, Wii está a gañarlla partida á PS3 no país Nipón.

Sube 1. Nintendo DS Lite: 127.647 (total do ano: 561.812)
Baja 2. Wii: 86.395 (375.434)
Se mantiene 3. PSP: 37.032 (204.022)
Se mantiene 4. PlayStation 3: 21.105 (116.580)
Se mantiene 5. PlayStation 2: 20.169 (112.776)
Se mantiene 6. Xbox 360: 7.041 (34.311)
Se mantiene 7. Game Boy Advance Micro: 1.864 (7.134)
Se mantiene 8. Game Boy Advance SP: 1.498 (5.409)
Se mantiene 9. GameCube: 554 (2.423)
Novedad 10. Nintendo DS: 123 (239)

Por outra banda hai que destacar que, a poucos días de que saia á venda a PS3 en Europa, sairá o 23 de Marzal por 600€, as previsións de venda desta consola a longo prazo están estimadas moi por enriba das súas competidoras, Wii e XBOX360. Así tamén o ven as grandes empresas do sector, como Square Enix, Konami ou Ubisoft. Deste xeito estas empresas ven con moi bos ollos a posíbel acollida que previsibelmente terá a saída da consola en Europa.

Polo momento o feito é que XBOX lle gaña a partida a todas en número de vendidas en todo o mundo, dado que foi a primeira en saír. Wii está a gañar dende que saíu, e so lle fai sombra a consola portátil de Nintendo, a DS Lite. E que PS3 presumibelmente gañará a partida nun futuro non moi afastado, vamos igual que na anterior e aínda na anterior á anterior xeración de consolas. A historia se repite, e é que SONY o ten moi ben montado.

Escoitando... Sonata Arctica - Shy.mp3

Etiquetas:

A ver se desta vai!

Xa ía tempo dende a última entrada, a verdade é que non tiña pensado escribir máis. Pero despois de que varias persoas me dixeran que tiña que volver a escribir non me podo negar.

Aínda que as veces amarga bastante intentarei non desanimarme desta vez. Por outra banda non estaría mal que os que teñan algunha idea ou queiran facer unha colaboración semanal sobre algún tema particular ou calquera tema xeral comezasen a axudarme na tarefa de seguir con isto adiante. O que queira que me mande un correo electrónico ou deixe un comentario aquí mesmo. Eu estarei encantado de publicar calquera cousa que se vos ocorra.

Espero ter algunha resposta dalgún de vos e que vos teña entretidos esta nova etapa do Blogue. Un saúdo a todos!